O Huawei Nexus 6, segundo un recente vídeo conceptual

Xa temos explicado nalgunha que outra ocasión o que son os conceptos no ámbito tecnolóxico; resumindo moito poderíamos dicir que son recreacións de trebellos, moitas veces ligados ao que a alguén lle gustaría que fose un determinado dispositivo e outras realizadas a partir de filtracións.

Atendendo a estas últimas, as filtracións que se foron facendo do (sempre suposto) Huawei Nexus 6, alguén tivo a ben darlle un pouco de forma e recrear como sería este trebello, algo que podemos ver no vídeo que abre o artigo ou na seguinte imaxe.

huawei nexus 6 concepto

Do que vemos, destaca a presenza dun lector de pegadas dixitais ou o porto USB 3.0 Type-C, dúas características que practicamente todas as fontes dan por seguras. Agora ben, faranos agardar Google a finais de outubro ou dará a sorpresa cunha presentación dos novos Nexus e de Android 6.0 Marshmallow anticipada?

Vía

Deixa un Comentario