Mi WiFi Nano, o minúsculo router de Xiaomi

mi wifi nano - 1

Máis aló dos smartphones e wearables, Xiaomi segue a sorprendernos cos seus trebellos para o fogar. Hai uns días presentou, xunto o Redmi Note 2, un minúsculo router inarámico, o Mi WiFi Nano.

Este novidoso router dispón dun chip MTK2678N, 64 MB de memoria flash, 16 MB de ROM e unha antena PCB que proporciona un sinal de rede cunha potencia comparábel as routers convencionais. Grazas a este hardware podemos ter unha rede WiFi 802.11n de até 300 Mbps.

mi wifi nano - 2

Non menos importante é a súa capacidade para funcionar unha batería externa grazas á toma USB (sobra dicir que Xiaomi recomenda o seu uso coa Xiaomi Power Bank de 10.000 mAh), o que aumenta as posibilidades de mobilidade e elimina a dependencia dunha toma de corrente.

Custa ao cambio uns 11 euros, un prezo imbatíbel, e aínda que non chegará a comercializarse no noso país de xeito oficial, poderemos adquirilo a través de diversas tendas en liña chinesas.

Sobre o autor

Reply