O Honor 7 a piques de chegar a Europa

honor 7 02

 

Hai uns días presentouse na China o Honor 7, o último flagship de Honor, a filial de Huawei, que foi todo un éxito en dito país con máis de 9 millóns de reservas durante a primeira semana á venda.

Con estas boas cifras a compañía prepara agora o desembarco deste terminal en Europa, polo que ten preparado un evento de presentación local para este xoves no que darán a coñecer o prezo, dispoñibilidade e as especificacións finais, se é que hai algún lixeiro cambio coa versión asiática.

A modo de recordatorio, estas son as características máis destacadas do dispositivo:

  • Pantalla de 5,2 polgadas (FullHD 1080p)
  • Procesador HiSilicon Kirin 935 (8 núcleos: 4 x 1,5 GHz, 4 x 2,2 GHz)
  • 3 GB de RAM
  • 16 / 64 GB de almacenaxe interna
  • Cámara principal de 20,7 Mpx.
  • Sensor de pegadas dixitais

Imaxinamos que Honor seguirá coa política de prezos axustados nos seus trebellos, polo que case nos podemos aventurar a dicir que poderemos atopalo por menos de 400 euros.

Sobre o autor

Reply