Wileyfox presenta dous novos smartphones con Cyanogen no seu interior

Wileyfox é un novo fabricante de orixe británico que ven de presentar dous novos terminais que poderemos reservar esta mesma semana. Os novos terminais de Wileyfox chagan para competir na difícil gama media de Android que está chea de modelos que hoxe xa son un referente para as usuarias e abrir un oco, non vai ser doado.

wileyfox 02

Wileyfox Storm.

Wileyfox Storm 01

É un terminal IPS de 5,5″ FullHD (1080×1920), o procesdor será o Snapdragon 615 de oito núcleos a 1,5 Ghz e 3 GB de RAM. O almacenamento interno é de 32 GB que se pode expandir mediante unha microSD de até 128 GB. Detacamos o sensor principal de 20 mpx e o frontal vaise aos 8 mpx. A batería de 2500 mAh, non se pode extraer. O peso é de 155 gramos. Este terminal custará 199£.

Wileyfox Swift

wileyfox swift back

O Swift é o irmán pequeno do Storm e por iso estamos diante dun terminal máis modesto. A súa pantalla é de tecnoloxía IPS de 5″ e HD (720×1280). O procesador é un Snapdragon 410 quadcore a 1,2 Ghz e 2 GB de RAM. O almacenamento interno de 16 GB que podémolo expandir grazas a unha microSD de até 32 GB. As súas cámaras son de 13 mpx para o sensor principal e 5 mpx para a cámara dianteira. Ao igual ca o Storm, a batería é de 2500 mAh non extraíbel. O peso deste terminal é 135 gramos e custará 129£.

Os dous terminais contan con conectividade 4G e dual SIM. No seu interior atoparemos Cyanogen OS 12.1 e ademáis por 10£ poderemos expandir a garantía até tres anos e por outras 10£ ao ano, temos a pantalla asegurada.

Tedes información máis polo miúdo sobre estes dous terminais de Wileyfox nesta ligazón.

Deixa un Comentario