NO.1 Watch S3, o primeiro reloxo circular con tarxeta SIM

no .1 watch s3 - 1

Aínda queda para termos un catálogo de reloxos tan amplo e variado como o de smartphones, mais pouco a pouco van aparecendo máis e máis opcións para que as usuarias teñamos onde elixir segundo os nosos gustos ou funcionalidades que buscamos nestes trebellos.

Hoxe queremos falarmos dunha interesante alternativa, NO.1 Watch S3, que destaca fronte á competencia por incorporar espazo para unha tarxeta microSIM que lle permite operar como teléfono.

no .1 watch s3 - 3

Do seu deseño destaca a pantalla circular, resistente ás rabuñadas e cunha resolución de 240 x 240 píxeles, e os acabados en aceiro inoxidábel, que lle aportan unha sensación industrial moi resultona.

As funcionalidades son semellantes ás de calquera outro smartwatch cando o temos sincronizado co noso smartphone: control das notificacións, medición da actividade física, motinor de sono… Ademais, dispón dun sensor de raios ultravioletas e de espazo para tarxetas de memoria microSD de até 16 GB, que xunto á microSIM que comentabamos antes son os principais elementos diferenciadores.

no .1 watch s3 - 2

Na páxina web do produto podemos ver máis a fondo as súas especificacións. Custa uns 60 dólares, un prezo moi intersante para un trebello destas características.

Deixa un Comentario