Piece, o trebello que convirte o teu smartphone nun dualSIM

Se es das persoas que emprega máis dunha liña móbil é moi probábel que estés a usar un trebello dualSIM no canto de cargar con dous smartphones. Porén, isto ten un problema: obrígache a escoller entre un catálogo moito máis reducido que os dispositivos que se comercializan cunha soa bandexa de tarxeta SIM.

piece dual sim - 1

Para pór fin a este problema nace Piece, un proxecto de Kickstarter que consiste nun accesorio que convirte calquera teléfono nun trebello dualSIM. Piece ten un grosor relativamente reducido, unha autonomía dunhas 150 horas en espera (4 en conversación) e se conecta ao noso smartphone a través de Bluetooth.

piece dual sim - 2

Para xestionar este accesorio teremos unha aplicación (Android e iOS) que nos permite controlar todos os axustes relativos á SIM insertada nel, como se pode ver no vídeo. Ademais, ten outras utilidades, como evitar que esquezamos o móbil, pois emite un son ao desvincularse del.

Piece custa 75 dólares e se pode mercar a través da páxina do proxecto.

Sobre o autor

Reply