Mininovas Android: a malla da semana

Un dos coches de Google Maps acabou desfeito na Tomatina

tomatina

A xente de Google pensou que era boa idea gravar a Tomatina de Buñol dende dentro, e para isto meteron un coche no percorrido: que problema hai nunha festa onde a xente tira tomates? Isto foi o que deberon pensar. O coche acabará un pouco vermello e todo sae con auga.

tomatina 02

Nada máis lonxe da realidade. A xente toleou (ou viña tola da casa) e acabou por destrozar o coche de Google que acabou no estado que vedes nas capturas.

Motorola absorve Lenovo Mobile

motorola lenovo

Xa pasou tempo dende que Lenovo mercara Motorola a Google, pero neste tempo déuselle certa independencia a cal vén de consolidarse coa integración en Motorola da divisón móbil de Lenovo coñecida como Lenovo Mobile.

O certo é que é un paso que demostra intelixencia pois Motorola é unha marca mellor posicionada e cun mellor porfolio.

O Gear 2 podería ter un slot para nanoSIM

samsung gear s2 teaser

Cando este novo reloxo de Samsung foi pre-presentado, non nos avanzaron moito sobre o seu deseño. Estes días, avanzouse que o novo Gear 2 podería levar un slot nanoSIM o que lle daría moita independecia do terminal e así ser un verdadeiro smartwatch podendo facer chamadas ou consultar apps sen estar vinculado a un teléfono. Veremos se este punto se confirma nas próximas semanas.

Novo logo para o proxecto ARA

ARA

Levabamos un tempo sen novas deste proxecto de Google pero agora todo son novidades. Esta semana foi presentado grazas a un tweet na conta do porxecto o novo logo. Desexamos que chegue axiña o 2016 e sen máis retrasos, que vexa a luz o proxecto.

Whatsapp actualízase de novo

whatsapp llamadas

Unha completa actualización chegou esta semana. Agora:

  • Podemos silenciar os contactos do mesmo xeito que facemos nos grupos.
  • Temos un novo lote de emojis, entre os que detacan os paquete racial, e así poder envialos con difeentes cores de pel.
  • E para rematar, podemos seleccionar unha opción de aforro de datos mentres facemos unha chamada usando a aplicación.

Todas estar novidades axudan a facer pouco a pouco unha aplicación máis completa.

Nace YouTube Gaming

Esta semana naceu Youtube Gaming, a plataforma de xogos dirixida aos gamers pois nela as usuarias poderán ver, xogar ou desfrutar dos torneos de eSports.

Nestas dúas ligazóns, podedes acceder á web ou á app na Play Store.

Intel xa ten lista a 6ª xeneración de procesadores i7 e i5

intel

Intel ven de colgar na web 2 novos procesadores que se corresponden coa familia i7 e i5. O primeiro deles sube até o 4,2 Ghz e ten 8 megas de caché, mentres que o i5 sube a 3,9 Ghz e ten 6 megas de caché. De seguro, co paso do tempo esta nova xeneración completarase cunha oferta moito maior coma é costume en Intel.

Nesta ligazón tedes as especificacións completas.

Sobre o autor

Reply