Lenovo Vibe P1, con 5000 mAh de batería

lenovo vibe p1 - 1

A batería dos nosos smartphones (ou máis ben a falta dela) é unha das maiores queixas das usuarias, que vemos que conforme medran o número de procesadores, memoria ou megapíxeles non o fai así a capacidade da batería e, polo tanto, a súa autonomía.

Lenovo quere pegar un golpe na mesa neste eido e anunciará no IFA 2015 o Lenovo Vibe P1, que xa foi filtrado tanto nas súas especificacións técnicas como en imaxes.

lenovo vibe p1 - 2

O que máis destaca do trebello é a súa batería de 5000 mAh, xa que polo demais temos un trebello de gama media bastante normaliño, con procesador SnapDragon 615 (oito núcleos, 4 x 1,7 GHz, 4 x 1,1 GHz), 3 GB de memoria RAM, dual SIM e pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD 1080p. Funciona con Android 5.1 Lollipop.

Agárdase que estea dispoñíbel na China a finais de setembro por uns 300 euros ao cambio. Estaríades dispostas a pagar máis por un terminal con maior autonomía?

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 1 Setembro, 2015 Responder

Reply