Samsung anuncia o Gear S2

Cando apenas faltan un par de días para a presentación no IFA de Berlín, Samsung vén de facer oficial o novo reloxo Gear S2, confirmado desde o Unpacked no que se presentou o Galaxy Note 5 e o Galaxy S6 Edge+.

O novo reloxo virá en dous acabados, un estándar e outro máis clásico para as persoas que aínda son algo reticentes aos smartwatch. Así, o Classic está acabado en negro e ten unha correa de coiro, mentres que o modelo estándar será gris escuro con correa gris ou en prata con correa branca, aínda que se poderán intercambiar.

gear s2 01

O trebello incorpora unha pantalla circular de 1,2 polgadas con resolución 360 x 360 e está rodeada dun bisel xiratorio. Conta con botóns de inicio e retroceso, ten 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna, NFC (coa mirada xa posta nas aplicacións de pago a través de Samsung Pay), certificación IP68 fronte pó e auga e batería de 250 mAh, recargábel de forma inarámica.

Tal e como aconteceu cos reloxos anteriores, Samsung volve apostar por Tizen, o que implica que as aplicacións que terá dispoñíbeis non serán as mesmas que as que temos para Android Wear, aínda que isto tampouco debera ser un handicap, xa que temos dispoñíbeis ducias delas para responder ás necesidades das usuarias.

gear s2 02

Non comentaron nada dos prezos, pero imaxinamos que coñeceremos algo neste sentido  nos próximos días.

Que tal pinta vos ten?

 

No Responses

Deixa un Comentario