O SISWOO Darkmoon R9 tamén se apunta á pantalla de tinta electrónica

Logo dos Yotaphone, a chinesa Siswoo vén de sumarse aos fabricantes que introducen nos seus terminais, ademais dunha pantalla LCD, un segundo panel de tinta electrónica, cun consumo de batería ridículo e máis cómodo para ler texto plano.

siswoo r9 darkmoon - 1

O trebello en cuestión, o Siswoo Darkmoon R9, amosarase na IFA de Berlín que comeza esta semana, e semella que a intención do fabricante chinés será comercializalo no noso país, posto que vén de situar aquí o seu punto de distribución para Europa.

siswoo r9 darkmoon - 2

Aínda que non coñecemos todos os detalles das súas especificacións podemos adiantar que incorpora un procesador de 8 núcleos, 3 GB de memoria RAM, cámara de 13 megapíxeles, batería de 3000 mAh e bandaxe dualSIM. Como sistema operativo teremos Android 5.0 Lollipop. Agardamos que a o longo destes días coñezamos todos os datos e o seu prezo.

Que pensades deste tipo de trebellos?

Sobre o autor

Reply