Google cambia o seu aspecto

Nos seus 17 anos de vida, Google cambiou moitas veces de deseño, e hoxe veñen de anunciar un dos maiores cambios de imaxe que se lembran na estética do logo do buscador.

OGB-INSIDER-BLOGS-GoogleLogox2-Animated

 

Detrás destes cambios está unha nova nova filosofía: o poder ser útil en calquera momento, lugar e dispositivo, interconectando todo tipo de trebellos co único fin de facilitar as cousas ás persoas. Iso si, o novo logo mantén a sinxeleza, limpeza e colorido que o caracterizaron desde as sús orixes.

O cambio nos diferentes produtos irase introducindo pouco a pouco nos próximos días. Gústavos?

Deixa un Comentario