Qiku Q Terra, outro chinés que non perder de vista

qiku q terra - 2

Hoxe queremos falarvos dun fabricante chinés que vimos de coñecer, Qiku. É outra marca que se suma ás ducias de alternativas que chegan desde o xigante asiático nos últimos tempos, con trebellos de grandes pretensións e prezos axustados.

Un dos últimos produtos da compañía é o Qiku Q Terra, un smartphone de deseño e acabados premium fabricado en aluminio e magnesio, que ademais ten uns marcos reducidos para poder incorporar unha gran pantalla sen ter que renunciar a un tamaño máis compacto.

qiku q terra - 3

Das súas especificacións destaca a pantalla de 6 polgadas con resolución 1440p (490 ppp) fabricada por Sharp, procesador Qualcomm Snapdragon 810 (8 núcleos, 4 x 1,5 GHz, 4 x 1,8 GHz), 4 GB de memoria RAM, cámara principal de 13 megapíxeles con dobre sensor e frontal de 8 Mpx, batería de 3600 mAh e lector de pegadas dixitais, situado na parte posterior do dispositivo. Vén con Android 5.1 (Lollipop) e unha capa de personalización propia do fabricante, chamada 460 OS.

qiku q terra - 1

Descoñécese se o fabricante ten previsto comercializalo en Europa, aínda que o máis seguro é que non. O seu prezo na China ronda os 500 euros ao cambio.

Que vos parece?

Deixa un Comentario