Vodafone inclúe os servizos de Netflix na súa oferta de TV

Final Netflix

Vodafone vén de anunciar o acordo acadado con Netflix polo cal será o primeiro operador do país en incluír os contidos desta plataforma de streaming no seus servizos desde o proximo mes de outubro.

Con Netflix, as usuarias do servizo poderán ter acceso a unha gran variedade de series, películas, documentais e contido infantil. Entre os contidos podemos destacar: Narcos, Marvel’s Daredevil, Sense8, Bloodline, Grace and Frankie, Unbreakable Kimmy Schmidt ou Marco Polo e documentais con boa sona como Virunga ou Mission Blue.

Tamén terán acceso ás primeiras longametraxes de Netflix Original, destacando Beasts of No Nation, Crouching Tiger, Hidden Dragon, The Green Legend, Jadotville e The Ridiculous 6.

Como non pode ser doutro xeito, todos estes contidos estarán dispoñíbeis en alta resolución grazas ás redes tanto fixas como móbiles que ofrece Vodafone e ademáis, a Netflix teremos acceso dende os nosos dispositivos móbiles grazas á aplicación que temos na Play Store.

Só nos queda unha dúbida, a España chegará todo o contido Netflix que está dispoñíble nos EUA ou só unha pequena selección quedando así a oferta bastante descafeinada?

Sobre o autor

No Responses

Reply