O Huawei Watch, xa dispoñíbel (por fin)

Malia ter sido preanunciado no Mobile World Congress, o Huawei Watch fíxose agardar moito. Aproveitando a súa presenza no IFA, a compañía chinesa vén de anunciar cun breve comentario que desde hoxe está dispoñíbel en Europa a través de diferentes tendas.

huawei watch 2

Haberá un total de 4 versións, que terán os seguintes prezos:

  • Modelo clásico: 399 €
  • Modelo con correa en metal: 449 €
  • Active: 449 €
  • Elite: 699 €

 

Deixa un Comentario