Yoigo anuncia a nova tarifa La Sinfín 8 GB

yoigo

Tras revolucionar as tarifas de móbil coa Tarifa Sinfín (20 GB + chamadas ilimitadas por 29 €/mes) e posteriormente anunciar o descatalogamento da mesma, Yoigo vén de anunciar novidades nas súas tarifas.

A máis ambiciosa é a nova tarifa La Sinfín 8 GB, que inclúe 8 GB de datos a máxima velocidade e chamadas ilimitadas por 29 €/mes. Malia que reduce en 12 GB a Sinfín orixinal, segue a ser a máis ambiciosa do mercado e a única alternativa para os heavy users.

Por outra banda, a tarifa La del Cero 5 GB (5 GB de datos a máxima velocidade + 100 minutos en chamadas + resto chamadas a 0 cént/min por 19 €/mes) deixa de ser unha promoción para converterse en tarifa.

Completa o portfolio de tarifas de Yoigo La del Cero 1,2 GB, sen cambios, que por 11 €/mes ofrece 1,2 GB de datos e chamadas a 0 cént/min, pagando só o establecemento de chamada.

Que vos parecen os cambios?

No Responses

Deixa un Comentario