Os novos Nexus presentaranse o 29 de setembro

marshmallow

Hai moita espectación co que ten preparado Google para este ano na súa gama Nexus, sobre todo porque xa todas damos por feito que teremos, por vez primeira, dous modelos en 5 e 6 polgadas, fabricados por LG e Huawei, respectivamente.

Segundo apunta CNET, na liña do que se comentou nos últimos días, Google tería previsto presentar ambos trebellos nun evento que se celebraría o 29 de setembro, adiantando en mes e pico as datas habituais nas se adoitan dar a a coñecer os Nexus.

Son moitas as persoas que están desexando coñecer os novos trebellos con selo Google, sobre todo logo de que a versión do ano pasado, o Nexus 6 de Motorola, fose un dispositivo decepcionante para gran parte do público polo prezo e o tamaño.

No Responses

Deixa un Comentario