Asus anuncia o ZenWatch 2

asus zenwatch 2 -1

Recentemente analizamos no blog o Zenwatch, o primeiro reloxo Android Wear de Asus, un trebello que acaba de coñecer o seu sucesor, o Asus Zenwatch 2, que ao igual que o Moto 360 de segunda xeración do que falamos onte, estará dispoñíbel en dous tamaños.

asus zenwatch 2 - 2

Ambas versións contan con pantallas AMOLED, un de 1,6 polgadas (resolución 320 x 320) e outro de 1,54 polgadas (280 x 280). No interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 400, de catro núcleos a 1,2 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna. A batería no dispositivo máis pequeno é de 300 mAh, mentres que o grande sube até os 400 mAh; iso si, teñen carga rápida, co que se pode acadar o 50% de batería en algo máis de media hora.

asus zenwatch 2 -3

Ambos modelos estarán dispoñíbeis no mes de outubro por 149 € (versión 49 mm con pantalla de 1,6 polgadas) ou 190 € (versión 45 mm con 1,54 polgadas). Poderanse facer até 18 combinacións de correas, cores e materiais, co que calquera pode facer un reloxo case a medida.

Deixa un Comentario