bq tamén terá un smartphone Android One

bq_negro_para_fondo_claro

A española bq, unha das empresas que máis está a vender no estado grazas a un amplo portfolio de trebellos que se adaptan a todos os petos, semella ter varias frontes abertas. Se non hai moito nos sorprendían por ser un dos principais partners para desenvolver smartphones con  Ubuntu, agora sabemos que tamén traballarán con Google e o proxecto Android One, que quere levar este sistema operativo a trebellos moi accesíbeis.

Será o vindeiro 17 de setembro cando os responsábeis de Google e de bq presenten en sociedade este dispositivo, orixinalmente orientado a mercados emerxentes. Por iso non temos claro se a previsión é que este novo smartphone siga a mesma liña ou se comercialice aquí como un dispositivo tipo ‘primeiro móbil’.

Que vos parece?

 Vía

No Responses

Deixa un Comentario