Huawei G8, un dos mellores gama media – alta do mercado

huawei g8 - 1

Ao ser presentado xunto ao Huawei Mate S, o Huawei G8 quedou relegado a un segundo plano. Isto non quere dicir que non sexa un trebello moi a ter en conta, máis ben ao contrario, pois as súas prestacións fan del unha das mellores alternativas na gama media – alta que podemos atopar no mercado hoxe en día.

Convencidos de que precisamos pantallas grandes, Huawei apostou neste modelo por integrar un panel de 5,5 polgadas con resolución FullHD. No interior, no canto de elixir un procesador de fabricación propia como os que están a integrar nos buque insignia da compañía e nos trebellos da marca Honor, optaron por un SoC Qualcomm Snapdragon 615, de 8 núcleos. Vai acompañado de 2 / 3 GB de RAM e 16 / 32 GB de memoria interna (segundo versións), aínda que admite tarxetas microSD de até 64 GB.

huawei g8 - 2

A cámara principal é de 13 megapíxeles, con protección de zafiro, mentres que a frontal queda nos 5 megapíxeles. Polo demais temos unha batería de 3000 mAh, conectividade LTE e Android 5.1 con EMUI 3.1.

Tamén incorpora lector de pegadas dixitais, coas mesmas características que comentamos no artigo do Huawei Mate S que publicamos onte, e que sen dúbida algunha marcan a diferenza con outros trebellos da competencia.

Poranse é venda dous modelos, un de 2 GB de RAM con 16 GB de memoria interna e outro de 3 GB de RAM con 32 GB. Este último chegará ao noso país en setembro por 399 € en branco, dourado ou metal.

Sobre o autor

Reply