Ideapad 100S, o novo Chromebook de Lenovo

Seguindo coas novidades da IFA, desta volta ímosvos comentar a aposta de Lenovo para os ultrabooks con Chrome OS. É o Ideapad 100S Chromebook, un portátil de 11,6″ e 1,2 kilos de peso.

lenovo CB ifa15

Se cadra no noso país este tipo de PCs non están tendo moita acollida pero non por iso deixan de ser unha boa opción para todas aquelas que traballan na nube.

Nesta equipa podemos destacar o seu procesador Intel Celeron N2840 acompañado de 4 GB de RAM e 32 de alamcenamento interno que se completa con 100 GB na nube. Ademáis non deixa de lado a conectividade, pois contamos HDMI, lector de tarxetas, Wifi 802.11 a/c, Bluetooth 4.0 e dous portos USB, sendo un deles 3.0.

Segundo indica Lenovo, poderemos ter até 8 horas de autonomía coa batería incorporada neste netbook, e o seu prezo é de 180 dólares. Polo de agora só está dispoñíbel nos EUA.

Deixa un Comentario