Movistar pretende chegar con fibra simétrica aos concellos de máis de 500 habitantes no 2020

movistar fibra

A agresiva oferta de fibra óptica leva aos operadores a competir dunha forma máis exaxerada. O último gran movemento vense de producir esta mañá da man de Movistar, que vén de amosar os seus plans para aumentar a capacidade da súa rede de fibra óptica até o fogar.

A maior operadora do estado vén de anunciar que están a traballar para ofrecer en breve 300 megas simétricos, mais se cadra a gran nova é que esperan chegar ao 97% da poboación con fibra no 2020. Isto supón acadar os 27,5 millóns de fogares con cobertura (na actualidade esta cifra está nos 14 millóns) e todos os concellos con a lo menos 500 habitantes (non se descartan outros menores se están próximos a lugares con fibra).

A nova é moi importante para o noso país, sobre todo se temos en conta que as localidades rurais que quedan fóra dos plans de expansión das redes de nova xeración. Imaxinamos que a compañía extenderá cable aéreo, sustituíndo o actual cobre, para conseguir este obxectivo na maior brevidade.

Sobre o autor

No Responses

Reply