Acer Predator 8, a tablet 100% gamer

Dentro do marco da IFA que se está a celebrar estes días en Berlín, Acer presentou unha tableta Android totalmente orientada ás usuarias máis gamers. O seu nome é Acer Predator 8.

A principal novidade desta tableta é que xa incorpora os novos procesadores de Intel de tan 14 nanómetros que ofrecen un mellor rendemento reducindo o consumo de enerxía, acompañado de 2 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno máis 128 vía microSD, unha cifra bastante axeitada pois o nicho de mercado á que vai dirixida son as xogadoras máis intensivas. A pantalla será FullHD con resolución 1200×1920. Pesa 350 gramos e sairá ao mercado con Lollipop 5.1

acer predator8 ifa15

Acer ademáis inclúe unha chea de solucións tecnolóxicas para mellorar experiencia de xogo. Por exemplo, temos Predator ColorBlast que ofrece mellores cores, Predator Precision Plus, que integra unha maior densidad de sensores táctiles para mellorar a precisión mentres xogamos ou Predator TacSense que engade vibración. Todas estas aportacións vense complementadas polos 4 altofalantes dos que dispón a tablet para conseguir un son envolvente ademáis da total personalización do mesmo coa app Predator MediaMaster.

O seu prezo será de 349€ e terémola dispoñíbel dende outubro.

Sobre o autor

Reply