Vibe S1, Vibe P1 e Vibe P1m, os novos smartphones de Lenovo

Esta IFA esta sendo unha semana moi intesa para a compañía chinesa, pois Lenovo tamén presentou 3 novos smartphones, que pasan a engordar o porfolio da empresa.

Lenovo Vibe S1

lenovo vibe s1 ifa15

O seu hardware é o seguinte:

  • Procesador Mediatek octacore a 1,7 GHz.
  • 3 GB de RAM.
  • 32 GB de ROM.
  • Cámara principal de 13 mpx.
  • Batería de 2500 mAh.
  • Pantalla FullHD de 5″.
  • 4G.
  • Android Lollipop 5.0.

Ademáis destacamos a dobre cámara frontal, unha de 8 Mpx e outra que a complementa de 2 Mpx, para acadar una experiencia selfie completa. Os materiais elixidos para a súa construcción son metal e cristal acadando un acabado premium. Sairá en novembro por un prezo de uns 300 dólares.

Lenovo Vibe P1

lenovo vibe p1 ifa15

Neste smartphone queremos destacar:

  • Corpo unibody de metal.
  • Procesdor Snapdragon 615 un octacore de 64 bits.
  • 2 GB de RAM.
  • 32 GB de ROM.
  • Cámara principal de 13 mpx.
  • Pantalla FullHD de 5,5″.
  • Batería de 5000 mAh con carga rápida e que ademáis permite cargar outros smartphones.
  • Android Lollipop 5.1.

Sairá en outubro por un prezo dun 280 dólares.

Lenovo Vibe P1m

lenovo vibe p1m ifa15

Este modelo é una involución do Vibe P1, pois o material elixido é plástico e a súa pantalla só é HD. A cámara redúcese a 8 mpx e a memoria interna baixa até os 16 GB. Pola contra, a batería segue sendo bastante boa e conta cunha capacidade de 4000 mAh. Ademáis incorpora slots para dúas tarxetas SIM. Sairá a mediados deste mes de setembro por uns 160 dólares.

Deixa un Comentario