Movistar venderá televisións co decodificador incluído

Logo do comunidaco sobre as intencións que ten Movistar de leva fibra ás poboacións de máis de 500 habitantes, tamén coñecemos que a empresa asinou unha alianza co fabricante turco VESTEL, que será quen proporcione a Movistar televisións con descodificador de Movistar+ integrado.

television movistar

A idea de Movistar é que cando unha clienta contrate un paquete completo, ofrecerlle unha destas televisións cunha subvención, algo semellante ao que acontece cando mercamos un móbil a través de operador. Iso si, polo de agora non hai información sobre tamaño, especificacións ou tecnoloxía destas smartTVs.

Logo de coñecer esta nova, as portas que se abren son moitas porque… ademais de subvencionar…

  • … ofrecerán unha televisión “gratis” a cambio de permanencia?
  • … poderemos mercar estes televisores?
  • … poderemos alugalos?

Sen dúbida Movistar vai abrir un novo camiño que até o de agora non estaba explorado. Veremos como responde a competencia.

Deixa un Comentario