Siemens volve ao mercado dos smartphones como Gigaset

siemens gigaset me - 1

O último teléfono de Siemens presentouse hai 7 anos, por iso causa certa sorpresa o seu regreso a esta área tecnolóxica, aínda que o fará como Gigaset, logo de que fose mercada por Arques Industries.

A nova serie Gigaset ME está conformada por 3 dispositivos con diferentes prestacións:

  • Gigaset ME Pure: é o modelo máis sinxelo. Incorpora unha pantalla FHD de 5 polgadas, procesador Snapdragon 615, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenaxe interna, cámaras de 13 e 8 megapíxeles e batería de 3320 mAh. Custará 349 euros.
  • Gigaset ME: tamén integra unha pantalla FHD de 5 polgadas, aínda que neste caso vén cun procesador Snapdragon 810, 3 GB de RAM, 32 GB de memoria interna, cámaras de 16 e 8 megapíxeles e batería de 3000 mAh. O seu prezo, 469 euros.
  • Gigaset ME Pro: orientado ás usuarias máis exixentes, o Pro comparte as prestacións do ME, mais cunha pantalla FHD de 5,5 polgadas, batería de 4000 mAh e cámara frontal de 20,7 megapíxeles. Ten un PVP de 549 euros.

siemens gigaset me - 2

Todos eles traballan con Android 5.1 – Lollipop, dispoñen de conectividade 4G e incorporan un lector de pegadas dixitais na parte traseira.

Deixa un Comentario