Amena ofrece 7 GB e chamadas ilimitadas por 24,95 €/mes

amena

Amena quere competir con La Sinfín 8GB de Yoigo, lanzando a tarifa ilimitada 7GB. Como imaxinades, esta tarifa ofrece aos seus clientes chamadas ilimitadas e 7 GB de datos vía 4G por 24,95€/mes.

Orange decidiu incorporar na súa segunda marca esta tarifa para tentar competir con Yoigo rebaixando a cota (son 4,05€ menos) e rebaixando 1 GB o paquete de datos. É posíbel que moitas clientes poidan ver máis interesante o prezo de Amena, aforrando uns euros mes a mes, malia a perda de datos que supón.

Este movemento de Amena é unha boa nova, pois dá máis posibilidades onde elixir ás usuarias que consumen moitos datos e chamadas cada mes. Esta tarifa estará lista para a súa contratación dende este mesmo luns.

Sobre o autor

Reply