Mininovas Android: a malla da semana

O termostato Nest chega á súa terceira xeneración

O popular termostato Nest ven de actualizarse con novas funcións (detección de problemas na calefación ou filtros de ar e posibilidade de ver a temperatura ao entrar nun cuarto) e unha pantalla máis grande e nítida. Grazas a estas novidades, convértese nunha interesante opción para as usuarias que buscan este tipo de solucións.

Novo HTC á vista?

htc one a9

Todo apunta a que o vindeiro 9 de setembro, HTC presentará un novo terminal co que tentar levantar cabeza. O nome podería ser HTC ONE A9, que será unha evolución do anterior flagship. Veremos de que producto están a falar e se realmente é o empurrón que precisan

Orange tamén quere ofrecer Netflix

Orange et netflix

Se ben é certo que Movistar vai por libre e está poñendo en dúbida calqueira efectividade das leis de competencia, Vodafone e Orange están pelexando por ofrecer o mellor contido posíbel ás súas clientes. Esta semana Vodafone confirmou a súa alianza con Netflix, e Orange non quere quedar atrás e coñecimos que comezou as negociacións para poder ofrecer as súas películas, series e documentais online. Veremos como acaban estas guerras e só desexamos que as beneficiadas sexan as usuarias.

LG xa ten o seu reloxo premium, o Watch Urbane Luxe

lg watch urban luxe

LG súmase á tendencia do mercado de presentar reloxos moi premium para as clientas máis exixentes. Por iso vén de anunciar o Watch Urbane Luxe, un reloxo de ouro de 23 quilates e correa de coiro feita con pel de cocodrilo e custará uns 1200 dólares.

Este reloxo terá limitada a súa producción e só se fabricarán 500 unidades, sendo presentado estes días na IFA de Berlín.

Cambian as condicións da wifi gratis nos aeroportos de AENA

Dende outono as usuarias da wifi en aeroportos, verán limitada a velocidade de descarga a tan só 1 Mbps, que se complementará cun bono 24 horas de ao redor de 5 euros, aumentando a velocidade de descarga até os 3 Mbps. Sen dúbida unhas velocidades ridículas, pero esta é a oferta para os dous próximos anos, tempo que dura o contrato que conseguiu a empresa privada Eurona.

Google penalizará webs con publicidade a pantalla completa

logo google 2015

A publicidade emerxente, non gusta en xeral. E a que ocupa a pantalla completa aínda menos. Tamén é certo que accedemos á maioría dos contidos de balde, e en moitas ocasións esquecemos da xente que traballa e ten que sobrevivir sendo a publicidade unha das principais fontes de ingresos. Ante esta situación, o ideal e acadar un equilibrio.

Pois ben, Google tomou partido e considera moi intruisiva a publicidade a pantalla completa e ven de anunciar que vai penalizar ás web que manteñan este sistema de publicidade a partires de novembro. Deste xeito se continúan con ela, serán penalizadas nos postos no que aparecen cando facemos unha búsqueda.

Os documentos de Google permiten insertar imaxes, links e textos dende a web

Esta semana coñecimos que a aplicación para Android está un pouco máis completa e se editamos os nosos documentos dende ela, poderemos insertar tanto imaxes coma enlaces ou textos procedentes da web.

O Snapdragon 820 promete

qualcomm snapdragon

Segundo anunciou Qualcomm esta semana, o Snapdragon 820 promete ser o dobre de eficiente e de rápido. Este novo SoC terá unha nova arquitectura de 64 bits denominada Kryo que terá un velocidade de 2.2 Ghz. Ademáis a GPU será a nova Adreno 530 que soportará as últimas API de OpenGL ES, OpenCL, e Vulkan, sendo até un 40% máis rápida e eficiente.

Polo de agora só son datos e non podemos xulgalos. Veremos que ocorre cando cheguen ás primerias equipas.

Sobre o autor

Reply