Samsung SleepSense, o novo dispositivo para monitorizar o sono

samsung sleep sense - 1

Ademais duns cantos smartphones, tablets e wearables, o IFA deste ano está moi centrado na Internet das Cousas (Internet of Things) e os gadgets. Boa mostra disto é o Samsung Sleepsense, un gadget que a compañía coreana quere que metamos na nosa cama.

A diferenza dos monitores de sono aos que estamos habituados, trebellos wearables de pulseira, Sleepsense está pensado para situarse baixo o colchón, rexistrando os nosos movementos e tamén outros parámetros como o rtimo cardíaco ou a respiración grazas á tecnoloxía EarlySense.

samsung sleep sense - 2

Como era de agardar, o trebello complétase cunha aplicación móbil, na que se amosarán todas as estatísticas recollidas e se analizarán datos como o número de horas durmidas, as veces que nos levantamos e saímos da cama, o tempo que ficamos en REM ou o que pasamos en sono profundo.

Está previsto que se poña á venda a finais de ano en Corea do Sur, aínda que polo de agora non se sabe nada de posíbeis prezos.

Que vos parece o trebello? Estásenos indo un pouco das mans o de querer cuantificalo todo?

Deixa un Comentario