ZTE presenta o seu novo Axon Elite

ZTE_Axon_Elite_-_1

ZTE vén de presentar no IFA 2015 o seu Axon Elite que polo que semella é unha copia perfecta da súa variante para o mercado chino o Axon Lux.

O Axon Elite engade un escáner de pegadas dixitais na súa parte traseira e unha ranura para a expansión de memoria mediante microSD. Na parte frontal tamén cambia un pouco o seu deseño, cun estriado na parte superior e inferior “efecto pel”.

ZTE-Axon-Elite-1

Se falamos das súas caracterísicas técnicas, a súa memoria RAM vese reducida a 3 GB e a pantalla ten unha resolucón FHD en lugar de QHD. Mantén o SoC Qualcomm Snapdragon 810, polo demáis non se produciron cambios.

ZTE-Axon-Elite-2

A presenza dun escáner de pegadas dixitais permite o Axon Elite tres solucións diferentes para o desbloqueo biométrico. Con todo, tamén engade autenticación a través do escaneo ocular como xa se veu en outros productos de ZTE e a maioría dos comandos de voz.

O ZTE Axon Elite estará dispoñible en Europa o 24 de setembro. Espérase que o seu prezo ronde os 420 €.

Sobre o autor

Reply