Alcatel One Touch Xess, unha macrotablet de 17 polgadas

Alcatel One Touch Xess - 2

 

Malia que Alcatel prepara a chegada de novos smartphones para finais de mes, o fabricante de orixe francés non quixo desperdiciar a oportunidade de pasar polo IFA para amosar algún que outro novidoso trebello. De todos eles, o que máis chamou a nosa atención foi a Alcatel One Touch Xess, unha tablet de grandes dimensións.

Claramente non estamosa as falar dun dispositivo orientado á mobilidade ou a tirarse nun sofá con el, senón máis ben un centro de ocio familiar, no que poder ver contidos multimedia, xogar, ver as receitas de cociña ou poñer música, como recordan desde a compañía.

Alcatel One Touch Xess - 1

En canto a especificacións, a Alcatel One Touch Xess incorpora unha pantalla de 17,3 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles), procesador MediaTek MT8783T de oito núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM, 32 GB de almacenaxe interna, ampliábeis por microSD de até 64 GB, cámara frontal de 5 megapíxeles, batería de 10.000 mAh eun sistema de altofalantes duais JBL de 3 vatios con tecnoloxía Harman.

Do seu deseño destaca o soporte que ten na parte posterior, que permite apoiar o dispositivo a 3 alturas (30, 50 e 75 graos), adaptándose ás nosas necesidades en todo momento.

Alcatel One Touch Xess - 3

Polo de agora descoñécese o seu prezo e dispoñibilidade. Credes que ten futuro un dispositivo deste estilo nas nosas vidas?

Sobre o autor

Reply