O Nokia C1 con Android déixase ver en renders e imaxes reais

nokia c1 renders - 1

Son dúas as marcas que tradicionalmente fuxiron de Android e agora están a dar moito que falar: Blackberry coa sua Venice e Nokia co Nokia C1, un trebello que suporá o regreso da marca finlandesa no nome, logo de que Microsoft o eliminase na gama Lumia.

O (suposto) Nokia C1 leva días deixándose ver, tanto en renders de prensa como en imaxes reais, polo que poderíamos estar preto da súa presentación oficial, seguramente durante os meses de outono.

Das súas especificacións pouco se sabe, máis aló de que integraría unha pantalla de 5 polgadas con resolución FullHD 1080p, procesador Intel e Android 6.0 Marshmallow.

nokia c1 filtracion - 1

A fotografía filtrada pola páxina chinesa CNMO evidencia a ausencia dun lector de pegadas dixitais, malia contar coa última versión de Android (aínda non oficial), chamada a popularizar os pagamentos móbiles.

Faltará moito para que sexa unha realidade?

Deixa un Comentario