Lenny 2, o novo smartphone de Wiko

Wiko Lenny 2

Wiko vén de presentar o seu novo smartphone, o Wiko Lenny 2, unha evolución do Wiko Lenny que mantén a esencia do primeiro: ser un teléfono para todos os petos e pensado para usuarias básicas.

O Lenny 2 incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas e no seu interior temos un procesador Cortex A7 de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna que poden ser ampliados con tarxetas microSD de até 64 GB.

A batería seméllanos, no papel, algo escasa, pois só ten 1800 mAh; porén, desde o fabricante aseguran que ofrece unha autonomía abonda. En canto a fotografía, a cámara principal é de 5 megapíxeles, con flash LED, mentres que a frontal queda nos 2 Mpx.

Vén con espazo para 2 tarxetas SIM e emprega Android 5.1 (Lollipop) como sistema operativo, imaxinamos que non actualizable a próximas versións.

O Wiko Lenny 2 porase á venda o 9 de setembro por 109 € en catro cores: branco, negro, turquesa e coral.

Deixa un Comentario