Apple anuncia o iPad Pro e os novos iPhone 6S e 6S Plus

Esta tarde Apple presentou unha renovación de varios dos seus productos, de entre os que queremos destacar o iPad Pro e o iPhone 6s e 6s Plus por riba do resto.

O evento comezou presentado as novas cores nas que imos atopar os Apple Watch que serán dourado e ouro rosa, nos acabados Sport e tamén unha morea de novas pulseiras. Ademáis presentouse unha actualización de Watch OS e presumiron, con razón, das 10000 aplicacións especificamente deseñadas para o reloxo, destacando Facebook Messenger, GoPro e Airstrip.

A nível de hardware, non hai novidades e tampouco se agardaban.

apple watch

O seguinte producto que nos presentaron é totalmente novidoso, o iPad Pro que se vai até as 12,9 polgadas de diagonal. Un novo e ambiocioso producto, co que competir tanto coas Surface Pro de Microsoft coma cos Ultrabooks.

ipad pro

A nível de hardware podemos destacar o seu novo procesador un Cortex A9X que é 22 veces máis rápido ca o do iPad orixinal e 1,8x ca o anterior. Conta con 4 altofalantes e a súa batería proporciona até 10 horas de autonomía. O seu peso moi axustado, só 710 gramos.

Ademáis, para completar este iPad Pro, Apple presentou un stylus que denominou Apple Pencil para interactuar coa pantalla dun xeito moi natural pois non só detecta a forza coa que facemos presión na pantalla, se non o ángulo de inclianción. Ademáis poderémolo cargar directamente no porto lightning.

pencil funda

O tamaño deste novo iPad, convida non so a consumir contido se non tamén a crealo polo que pensaron que o máis axeitado era complementalo cunha funda teclado, ao máis puro estilo Surface. Sen dúbida, un acerto.

Os prezos do iPad Pro, en función da configuración elixida, serán os seguintes:

  • 32GB: 799$
  • 128GB: 949$
  • 128GB + Cellular: 1079$

Estará dispoñíbel en novembro.

Tamén foi presentado a nova versión do iPhone, o iPhone 6s e 6s Plus. Esta nova edición presenta unha versión mellorada do procesador. Agora é o chip A9 de 64 bits que posúe unha CPU até 70 veces máis rápida e a GPU até 90 veces máis rápido ca o seu predecesor.

iphone 6s 6s plus

Os dous modelos contan cunha nova versión do Touch ID, que segundo día Apple e dúas veces maís rápido. En canto ás conexión LTE, agora son de categoría 6 que permiten acadar unha maior velocidade se a rede o permite. Ademáis o coprocesdor de movemento está integrado no chip M9, polo tanto estará sempre activo.

Unha das grandes novidades é o 3D Touch, unha nova tecnoloxía pola cal dende agora as pantallas van ser quen de detectar a presión exercida sobre elas, o cal vai permitir introducir novas funcionalidades, como vimos no Huawei Mate S, recentemente presentado.

3d touch

Esta revisión tamén incorpora unha mellora tanto nas cámaras frontais coma na principal. Agora a principal é de 12 Mpx e a dianteira de 5 Mpx. Como novidade, podemos destacar que a cámara é quen de gravar e mesmo editar dende o propio terminal vídeo a 4K e contamos cun chip específico para decidir a luz ideal emitida polo flash frontal usando a pantalla.

iphone 6s 6s plus caja

O novo iPhone incorpora unha nova ao abano de cores, que é rose gold e a capacidade de entrada será os 16 GB habituais, claramente insuficientes para un móbil que ten a capacidade de gravar vídeo en tan alta resolución.

Os novos iPhone venderanse dende o 25 de setembro, máis no noso país deberemos agardar até unha data aínda non confirmada.

Finalmente, destacar que Apple vén de lanzar, a lo menos en USA, un programa de actualización para os iPhone polo cal garanten un iPhone novo e desbloqueado cada ano, por tan só 32$ ao mes.

En canto ao prezo, dos novos iPhone serán os que vos amosamos na imaxe. Estes prezos son os que atoparemos nos EUA cun contrato de permanencia a 2 anos.

prezo iP6s

No Responses

Deixa un Comentario