O Oppo R7 Lite xa é oficial

Oppo R7 Lite

En maio Oppo presentou o Oppo R7 e unha versión vitaminada deste, o Oppo R7 Plus, trebellos que se enmarcan na gama media – alta que está a caracterizar a nova oferta chinesa. Porén, agora veñen de presentar unha versión inferior derivada destes, o Oppo R7 Lite.

O R7 Lite mantén o mesmo deseño que os outros dous trebellos, pero achaca unha baixada xeral das súas especificacións, das que destacamos as seguintes:

  • Pantalla 5 polgadas AMOLED (1280 x 720)
  • Procesador Snapdragon 615 (8 núcleos, 64 bits)
  • 2 GB de RAM
  • 16 GB de almacenaxe interna (ampliábeis)
  • Cámaras de 13 e 8 megapíxeles
  • Batería de 2320 mAh
  • Dobre SIM
  • 4G

Como podemos ver, malia o recurte en prestacións segue a ser un trebello superior a moitos gama media de marcas recoñecidas que podemos atopar nas tendas do noso país.

Está previsto que chegue a Europa comercializado a través da web da compañía por uns 280 euros ao cambio.

Deixa un Comentario