O Xiaomi Mi4C déixase ver antes de ser presentado oficialmente

xiamoi mi4c

De vez en cando un despiste (ou un despiste intencionado) dunha tenda descubre novos trebellos antes de tempo. Desta vez tocoulle ao Xiaomi Mi4C, un smartphone que o fabricante chinés está preparando para presentar proximamente e do que pouca información había até o de agora, máis aló de coñecermos a súa existencia e algún que outro detalle.

A ficha da tenda deixou ver toda a información do dispositivo, un gama media con pantalla de 5 polgadas (1080 x 1920 píxeles), procesador Snapdragon 808 (seis núcelos a 1,8 GHz), 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna, cámaras de 13 e 5 megapíxeles e batería de 3000 mAh. Funciona con Android 5.1 e a capa de personalización MIUI 7.0 e dispón de conectividade 4G.

Segundo parece, podería ser presentado o 24 de setembro para pórse á venda pouco máis dunha semana despois, o 3 de outubro, por arredor dos 200 €.

Vía

Deixa un Comentario