Convocadas varias xornadas de folga en Vodafone e Ono polos despedimentos tras a fusión

vodafone plaza

Os sindicatos de Vodafone e Ono veñen de anunciar catro xornadas de folga contra o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) previsto tras a fusión de ambas compañías e que afecta a un total de 1297 persoas, 805 procedentes de Ono (o 62% da plantilla) e 492 correspondentes a Vodafone (o 37%).

Terán lugar os días 21, 28, 29 e 30 de setembro, e serán só unha parte do groso das protestas, nas que tamén se inclúen diversas mobilizacións en emprazamentos emblemáticos de Madrid (Puerta del Sol e Fuencarral), onde Vodafone ten instalacións ou tendas destacadas.

Os despedimentos son un problema máis das fusións, e o caso de Vodafone – Ono non é o único. En breve daranse a coñecer as condicións do ERE que afectará a unhas 400 traballadoras de Orange e Jazztel (o 5% da plantilla total), e queda por saber que acontecerá no caso de R e Euskaltel, quizais o exemplo que nos cadra máis preto.

Deixa un Comentario