Google agasalla o albume ‘1000 Forms Of Fear’ de Sia

De cando en vez Google ten a ben agasallar música ou albumes completos, ofertas que fican dispoñíbeis por tempo limitado pero que, unha vez mercadas, terémolas dispoñíbeis para sempre.

play sia

Hoxe, sen saber moi ben por que razón están a ofrecer o disco “1000 Forms of Fear” de Sia de balde, no que se inclúe o popular Chadelier (ollo, non confundir co Chandaleí, o Chandelier galego 😉 )

Podedes facervos co albume “1000 Forms Of Fear” gratis nesta ligazón e aforrar os 8,99 € que custa habitualmente. Bulide!

Deixa un Comentario