Kellog’s convirte a caixa dos cereais nuns lentes de realidade virtual

Logo de que Google amosase ao mundo como se poden construír uns lentes de realidade virtual cun cartón, as Google Cardboard, ao longo e ancho da Internet podemos atopar ducias de propostas derivadas.

Unha das máis curiosas chega da man de Kellog’s, quenes veñen de propór unha solución a partir das caixas de cartón dos cereias. Como podemos ver no vídeo, a caixa trae debuxados as dobreces que temos que facer, polo que non hai máis ca seguir as instruccións para montar as nosas Cardboard na casa nun plis plas.

kellogs cardboard

Os lentes compleméntanse cunha aplicación que permite disfrutar deles desde o primeiro momento, aínda que as posibilidades con este tipo de montaxes son practicamente ilimitadas e non fican reducidas a eses usos.

Estas caixas de cereais só se comercializan en Nova Zelanda. Chegarán tamén a estes lares? Agardemos que si!

Sobre o autor

Reply