A Asus ZenPad 8S xa está á venda por 349 €

asus zenpad 8s

Asus vén de anunciar a posta á venda da nova ZenPad 8S, unha tablet de 8 polgadas e deseño coidado que aposta polo rendemento como elemento diferenciador.

Entre as súas especificacións destaca a pantalla de 8 polgadas IPS en alta definición (1536x 2048), que integra diversas tecnoloxías como ASUS VisualMaster para procesar a imaxe, ASUS True2Life para analizar cada píxel e mellorar o rango dinámico e ASUS TruViVid, que mellora a claridade da imaxe e a capacidade de resposta táctil. Ademais incorpora un procesador Intel Z3580, 64 bits e 2,3 GHz, 4 GB de memoria RAM e tecnoloxía de son DTS Premium Sound.

Comercialízase por 349 €, e xunto a ela pódense adquirir accesorios orixinais que completan o trebello:

  • Z Stylus: pensado para escribir e debuxar, posúe 1024 níveis de presión e ten unha autonomía de 150 horas.
  • Funda TriCover: funda protectora, fina e lixeira (apenas 0,8 mm de grosor) que permite posicionar a tablet en varias alturas. Está dispoñíbel en branco, negro e azul.

Sobre o autor

Reply