Mininovas Android: a malla da semana

Windows 10 chaga aos 100 millóns de instalacións

windows 10

Esta é a cifra de instalacións que acadou recentemente Microsoft, coa liberación gratuita da nova versión de Windows. Desde que acadou esta cifra, semella que o ritmo é algo máis lento pero tamén cremos que é normal por varias razóns:

  • Hai usuarias que non se meten en líos de actualizacións, pois co que teñen é dabondo.
  • Hai equipas que xa son antigos e non moven con axilidade esta nova versión
  • E tamén pode afectar as novas sobre a recopilación de datos que fai Microsoft, co gallo de mellorar a experiencia de uso, pero que moitos o ven como unha intromisión inaceptábel.

Sexa como fose, a cifra acada pola empresa dende o seu lanzamento pódese catalogar de éxito polo pouco tempo que precisaron para chegar a ela.

Amazon di adeus ao sei móbil estrela

firefly

O Fire Phone do que ten orgullosos estaban en Amazon foi un completo fracaso. Era un terminal malo a un prezo fóra de toda lóxica.

Pois ben, falamos en pasado porque Amazon anunciou que as derradeiras unidades do smartphone xa foron vendidas e non teñen intención da continuar co proxecto aló menos a curto prazo.

Amazon prepara unha tablet de 50€

amazon

Segundo avanza o WSJ, Amazon podería estar preparando unha tableta lowcost. O seu prezo sería de só 50$ e serviría para entrar até o fondo do mundo Amazon.

Esta tableta tería 6″ e estaría fabricada por Shanghai Huaqin Telecom Technology e Compal Communications.

Xa temos o Moto X Play en Vodafone por só 240€

moto x play

Esta semana chegou ao porfolio de Vodafone e de xeito exclusivo, o novo modelo de Motorola. Se non queremos unha tarifa asociada, Vodafone véndenolo libre por 359€. Se queremos asociar unha tarifa teremos importantes descontos de até 119€, quedando en tan só 240€ coa tarifa Red XL.

Nesta ligazón tedes toda a información de prezos e tarifas dispoñibéis para o Moto X Play con Vodafone.

O Nexus 6 volve baixar de prezo

nexus 6

Todo apunta a que a finais desde mes de setembro, Google renovará a súa gama Nexus con dous novos integrantes. Antes de oficializar as novidades, Google ven de rebaixar o actual Nexus 6.

A estas horas podemos atopar a versión de 32 GB por só 459€. Non sabemos o tempo que durará esta promoción, pero é unha boa oferta para conseguir un terminal punteiro a un prezo moi interesante.

Este é o novo easter egg e a icona de depuración de Andorid 6.0

Esta semana tamén se filtraron tanto o novo xogo lixeiro que inclue dende hai algunhas versións, do mesmo estilo xa visto con Lollipop, pero desta volta con marshamallows.

easter egg

Tamén tivemos a oportunidade de ver o que podería ser a nova icona de depuración do sistema.

icona depuracion

Pouco a pouco imos recibindo todas as novidades da nova versión de Android. Que vos parecen estas imaxes?

Deixa un Comentario