Verizon adianta o despregamento do 5G e terá rede comercial no 2017

5g

Malia que no Estado español o 4G atópase en pleno proceso de despregamento, en moitos lugares do mundo, como os Estados Unidos, leva anos sendo unha realidade. Trátase dunha tecnoloxía que ao noso país chega case obsoleta, pois as redes 5G xa están petando na porta coas primeiras montaxes en probas, que no 2020 serán unha realidade comercial.

A operadora americana Verizon vén de anunciar que as probas que están facendo coas redes 5G marchan a bo ritmo, polo que teñen intención de ter as primeiras redes comerciais despregadas e en funcionamento tres anos antes do previsto (no 2017) e un ano antes ca en Corea do Sur, país que marca o 2018 como ano chave, xa que coincide cos Xogos Olímpicos de Inverno.

A través das redes 5G poderemos conectarnos a velocidades de 1 Gbps e con latencias de menos de 1 milisegundo, o que fai que sexa unha ferramenta que dará moito xogo na Internet das Cousas (IoT), que o conectará todo.

No Responses

Deixa un Comentario