Fairphone informa do que custa fabricar o seu Fairphone 2

fairphone 2 custe - 1

Non son poucas as veces que nos preguntamos canto custa fabricar un smartphone, aínda que o debate adoita rematar cunha listaxe de materiais e prezo estimado dos mesmos, algo que non ten en conta todo o traballo que hai detrás, cuestións como o deseño ou a propia enxeñaría.

Fairphone, o proxecto que fabrica smartphones de comercio xusto, vén de publicar unha infografía na que desglosa que supón cada un dos 525 euros que custa o seu último terminal, o Fairphone 2.

fairphone 2 custe - completa

Como podemos ver na imaxe, o beneficio é de tan só 9 euros. 118 euros corresponden a impostos e marxes de distribuidoras, 340 a materiais, 33 e investimentos e 25 a diferentes operacións.

No blog da compañía desglósase máis polo miúdo en que consiste cada un dos grandes conceptos, un exercico de transparencia digno de mención.

Sobre o autor

Reply