LG programa un evento para o 1 de outubro: LG V10?

lg v10 - 1

Se todo vai segundo o rumoreado, Google anunciará os novos Nexus o 29 de setembro, un deles fabricado por LG e o outro, de maior tamaño, por Huawei. Porén, semella que ese non será o único lanzamento inminente para LG, quen vén de convocar aos medios a un evento en New York que terá lugar o 1 de outubro.

lg v10 - 2

Todo apunta a que se trataría do LG V10, un terminal que foi aparecendo en varias ocasións ao longo das últimas semanas e que ten como principal característica a presenza dunha pequena pantalla secundaria na mesma parte frontal, usábel para amosar información accesoria.

Completan a listaxe de características unha pantalla principal de 5,7 polgadas con resolución QuadHD, procesador Snapdragon 808, 3 GB de memoria RAM, 64 GB de almacenaxe interna e cámara principal de 16 megapíxeles. Tamén dispón de lector de pegadas dixitais situado na parte traseira, que servirá entre outras cousas para empregarmos Android Pay.

Só queda agardar uns días para saírmos de dúbidas e descubrir tamén que poderemos facer con esa pantalla secundaria, unha das últimas innovacións coas que LG nos quere sorprender e que xa fora usado por Samsung nun trebello pouco exitoso.

Sobre o autor

No Responses

Reply