Campaña de micromecenado: nova dación de contas

Como sabedes, hai agora un ano habilitamos un sistema de micromeceneado, cuxo obxectivo non é outro que conseguir un financiamento colectivo para Mallando no Android.

A idea é a seguinte: se che gusta o que facemos e queres botar unha man para que o proxecto siga adiante, podes aportar unha cantidade económica, a que consideres e tantas veces como che pareza oportuno.

Na columna da dereita da páxina podes atopar 3 bonos axuda básicos: MiniMallandroid (3 €), Mallandroid (5 €) e MaxiMallandroid (10 €), aínda que se pode facer calquera achega múltiplo destas. Os cartos recadados adícanse integramente a cubrir os gastos de mantemento do blog e aos desprazamentos aos eventos que consideramos máis relevantes para todas vós.

Desde a anterior dación de contas, estes son os movementos que houbo:

Ingresos

  • MiniMallandroid (3 x 2,55 €) = 7,65 €
  • Mallandroid (12 x 4,48 €) = 53.76 €
  • MaxiMallandroid (8 x 9,31 €) = 74,48 €
  • Doazón diferente: 30 €

Gastos:

  • Saldo negativo dación anterior: 8,99 €
  • Avión presentación Huawei + Samsung: 57,70 €
  • Avión presentación G4: 60,35 €
  • Dominio .com: 16,94 €

Saldo actual (Ingresos – Gastos): 165,89 – 143,98 € = 21,91 €

*A cantidade varía sobre o prezo dos bonos pola comisión de PayPal.

Sobre o autor

No Responses

Reply