Elephone prepara o seu smartwatch, o Elewatch

elephone elewatch

Cada día son máis os fabricantes que se apuntan á festa dos smartwatch ou reloxos intelixentes. Unha das últimas en sumarse é Elephone, que coñeciamos polos seus smartphones e que agora vén de confirmar que está a traballar nun reloxo, o Elewatch.

O fabricante chinés aposta por un deseño circular, o que máis está a callar entre o público, e contará cos sensores habituais neste tipo de trebellos, entre eles o de ritmo cardiaco, imprescindíbel para un control máis preciso da nosa actividade física. En canto a sistema operativo, apostan por Android Wear.

Descoñecemos cando terán pensado presentalo oficialmente, pero atendendo a que xa dispomos dos renders finais, será cuestión de poucas semanas.

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Txoupin 15 Setembro, 2015 Responder

Reply