Facebook lanzará o botón ‘Non me gusta’

facebook dislike

Avecíñase treboada. E non, non falamos da cicloxénese, senón do notición que acaba de lanzar Mark Zuckerberg, o CEO de Facebook: haberá botón non-me-gusta.

Acábaronse as aclaracións (“doulle ao ‘gústame’, pero non me gusta”) e dáse resposta a unha petición case unánime entre as usuarias de dita rede social, que se vían (nos viamos) incompletas sen ese botón. Mais… comezaremos a ver tensións, enemizades e outras lerias por mor dos non-me-gusta? Saberémolo en breve.

Con este movemento Facebook avanza, en palabras de Zuckerberg, en posibilidades para expresar sentimentos, algo que xa se foi implementando nas últimas actualizacións da rede social, que xa permiten que indiquemos como nos sentimos en cada publicación.

Que vos parece a nova? Gústavos ou non? 😉

Vía

Sobre o autor

Reply