Spotify Running xa está dispoñíbel en Android

Poucos servizos musicais hai tan completos como Spotify, unha ferramenta empregada por milleiros de persoas que gustan de escoitar a música que queren cando queren.

Hoxe anúnciase que por fin a opción Spotify Running chega a Android, logo de levar xa un tempo dispoñíbel en iOS. Trátase dun servizo de playlists recomendadas pola compañía especialmente deseñadas para motivarnos cando saímos correr, algo que elabora ollando o noso historial de escoita, entre outras cousas.

spotify running

O único que precisaremos é seleccionar o noso ritmo para pórnos en marcha; Spotify seleccionará algo acorde a ese ritmo que lle marquemos para que a carreira sexa máis levadeira.

A que dan ganas de saír trotar?

Deixa un Comentario