Movistar leva a fibra ao 90% da poboación de Ourense

movistar fibra

Tras completar o despregamento do 4G na cidade de Ourense, Movistar vén de anunciar que antes de finais de ano preto de 94.000 persoas (máis do 90% da poboación da cidade) terán acceso á rede de fibra óptica da compañía.

Agora mesmo xa son máis de 60.000 as vivendas de Ourense que teñen cobertura de FTTH, o que permite disfrutar da oferta comercial de 300 megas que ofrece Movistar. Tamén chegaron ao polígono industrial d’As Coíñas.

En Galiza xa hai máis de 400.000 vivendas e zonas industriais que dispoñen de acceso á rede FTTH de Movistar, e está previsto que antes de que remate o ano sexan 520.000.

Sobre o autor

Reply