Pepephone triplica os datos da tarifa ‘Jirafa finita’ sen mudar o custe

pepephone

Pepephone vén de anunciar melloras na súa tarifa Jirafa finita que, sen mudar os 30,30 €/mes que custa, triplica a capacidade do bono de datos, que pasa de 1 a 3 GB. Ademais, mantén os 1001 minutos de voz xa incluídos desde o comezo.

A tarifa “Jirafa finita” é das poucas da compañía que inclúe minutos de voz, posto que a aposta de Pepephone é polos datos e as chamadas a 0 cént/min (pagando unicamente o establecemento). Así, o resto de tarifas quedan do seguinte xeito:

  • 1 GB + chamadas 0 cént/min: 5,90 €/mes.
  • 2 GB + chamadas 0 cént/min: 10,90 €/mes.
  • 5 GB + chamadas 0 cént/min: 29 €/mes.

Cómpre lembrar que Pepephone é dos poucos operadores virtuais que ofrece 4G; as redes que emprega son as de Movistar.

Deixa un Comentario