Samsung prepara un teléfono pregábel (e podería chegar en xaneiro)

samsung project valley - 2

Se vos gustaron as curvas do Samsung Galaxy S6 Edge, preparádevos, porque iso foi só o principio: Samsung ten en marcha un proxecto, o Project Valley, a través do cal está a construír o primeiro teléfono con pantalla pregábel da compañía.

samsung project valley - 1

Polo de agora estamos a falar de prototipos, e segundo as filtracións estarían a barallar diversas opcións de cara a súa comercialización, con procesadores Qualcomm (Snapdragon 615, Snapdragon 820) e arredor dos 3 GB de RAM.

A fonte indica que se estaría a pensar no mes de xaneiro, isto é, un mes antes do MWC, como unha posíbel data para o seu lanzamento. Credes que será posíbel tan axiña? E o importante, gustaríavos ter un teléfono así?

Vía

Deixa un Comentario